A cama do seu cuarto era de dous por dous metros. Era o electrodoméstico máis estimado e máis utilizado por el. Digo electrodoméstico pola electricidade estática que despedía aínda estando en repouso. A cama era o tatami de todas as súas actividades. Nela durmía, descansaba, escribía, comía, practicaba sexo… en fin, todas as actividades básicas. Era o único moble á parte do vestidor. O baño completaba a estancia.
Agora xacía nela con Virxinia e con Ofelia. Acopláranse ben os tres tristes. Cando estaban xuntos, estaban ledos. E iso que non estaban en ningún programa que escribira O’ Encantiño. Simplemente se atoparan na única realidade que coñecían.