O piñeiro de Pondal

O rumoroso fungar das harpas de arume invócanos tal animismo arbóreo cabo do piñeiral espeso.

Cabo do busto de Pondal en 1925 plantouse un piñeiro que noventa anos despois derrubou unha cicloxénese. O escultor Enrique Tenreiro, co gallo do centenario do cabodano do poeta, reciclou o piñeiro e tallounos un totem de serpes coloridas  que nos seguen interpelando no Centro Ágora nas noites de prácido luar luar.

Ese murmurio nocturno de palabras desarticuladas bífidas.

Deixar unha resposta