A revolta ten que ser realizada por mercenarios. Por asasinos profesionais. A xente do común ten moito que perder na loita contra o estado opresor. Vivimos demasiado ben, posuímos demasiadas cousas das que non estamos dispostos a prescindir. Podemos soportar as pancadas da Policía, pero non aturamos o asombro de decatármonos do verdadeiro alcance do chamado imperio da lei e o estado de dereito. Os Poderes Públicos están blindados contra os cidadáns, que non poden nin opoñerse nin ofrecer resistencia. A propia resistencia ou desobediencia á autoridade está penada con de un a tres anos de prisión. A de atentado contra a autoridade con de dous a catro.
Non compensa expoñer os civís a este ordenamento legal criminal, fundamentado na restrición de dereitos acorde ás continxencias das grandes empresas transnacionais que gobernan os estados.
A necesidade dunha violencia ben dirixida implica que alguén estea disposto a exercela.


Faise necesaria xente que realice ben o seu traballo, con incentivos por obxectivos, sen ningunha motivación ideolóxica. Xente que faga a revolución por quen lle paga.
A eliminación selectiva de quen especula coas nosas vidas correspóndelle a sicarios especializados.