O’ Encantiño estableceuse como xurisconsulto no café. A xente víñalle facer preguntas e el repondíalles como boamente podía. Esta consultoría puña a proba as súas dotes poéticas e a el encantáballe…
De cando en vez voltaban Ofelia e Virxinia por babor e estribor, ou por arca e couso, e dedicábanse a contemplar auroras boreais na de dous por dous.
E así pasaban os seus días sen que escribise nada e ningunha historia progresase. Amolecido entre tanto amor pensou en poñerse nun stand by perpetuo. Reescribir un programa cunha especie de felicidade que nunca ata agora tivera.
E talvez sexa iso o que faga.