Despois de Iris baixei eu. Fun detrás dela paseniño, como se eu non quixese ir e ela fose agardando por min.
Sabía que voltarías, dixo a Merla antes de virarse cara min en canto me abría a porta.
Abrazoume moi longo. Fíxome de comer. Bañouse comigo. Cortoume o pelo e as uñas. Afeitoume. Deitouse canda min e abrigouse co meu corpo.
Durmín. Había polo menos un mes que non durmía.