Ou impactar brutal

Ou impactar brutal e inmisericordemente contra carruaxes de neocapitalistas especulativos. De resultas, unhas veces quedo coxo, ou manco, ou tetrapléxico, ou cadáver. Cada vez as accións son máis contundentes. Agora xa me vexo obrigado a roubar SUV todocamiño que son auténticos tanques, porque as berlinas de alta gama a cada paso protexen máis aos seus ocupantes. Pero sigo tendo debilidade polos superdeportivos. Que suplen a inercia da grande masa deses armatostes monstruosos coa magnitude exponencial de choque lograda por elevadísima velocidade. Menos mal que me vexo asistido polos eficientes servizos médicos dos que aínda dispoñemos para reconstruíren o meu corpo con eficacia excelente. Cada vez póñollelo máis difícil a mantenta para que progrese a súa maxia.

Fago andar en aire os axentes de tráfico, unidades de atestados e informes. Bombeiros, equipos de excarceración, brigadas de limpeza de residuos e fluídos da vía. Persoal de ambulancias medicalizadas, pilotos de helicópteros e vehículos e servizos de urxencia. Cirurxiáns e persoal das Unidades de Coidados Intensivos e de Transplantes. Xuíces e forenses.

Os nosos magníficos equipos médicos resucítanme, sempre e cando chegue coa cabeza encima dos ombros. E aínda, ás veces, son quen de refacerme só a partir da miña cabeza. Meténdoma a cocer nun seu caldeiro máxico.

Pero quen realmente me curan son as auxiliares destes marabillosos menciñeiros. A súa infinita paciencia e cariño para conmigo son as que verdadeiramente me reviven. Teño a obriga de recuperarme máis axiña que tarde en honor ao seu traballo esforzadísimo.

Tamén poño o máximo empeño maléfico en colaborar cos fabricantes de coches para que se garden de min e que non lle poida facer dano a máis ninguén.

A estas alturas, a miña osamenta é integramente de titanio. As familias das miñas vítimas doáronme sangue, tecidos, riles, pulmóns. Corazóns. Para que non esqueza nunca o ruín que teño sido.

Déixanme facer todo isto e danme de comer beber e vestir porque doei o meu corpo á ciencia. E porque os fago bos. É o mínimo que podía facer.

Un día aínda me han deixar morrer.

Chevrolet besta 22

 

Advertisements

One thought on “Ou impactar brutal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s