Velaí vén avantando valados A Nosa Señora de Ferro bilabial bicándonos na boca futurista.
A máquina é o Cristo dos tempos modernos.
Da importancia da hidratación para os pilotos de combate. Á sombra do aire acondicionado con 30º Centígrados no exterior, levar un termo con auga fresca da fonte e ilo reenchendo co desxeo dunha botella conxelada. Chegar ao manancial privatizado de Fontecelta sen poder repoñer líquidos. Pedir unha auga nun bar de Céltigos e que che sirvan Auga de Pedras (sen desmérito para Vidago). Que che vendan Fontecelta embotellada quente como o caldo. Que marchen con ela cincuenta camións diarios da fábrica e non manteñan o acceso público ao manancial.
Beber das fontes para que non sequen. Sulagarnos narcotizarnos na Lagoa do Rei polos gases da factoría de Finsa de Rábade.
Fotos: Claudio Pato e Xoán C. Rodríguez.










