GPS

Marcas no GPS as coordenadas que che envío polo WhatsApp. Sabes que nese punto estarei esperando por ti. É novembro, é noite. As luces do coche furan na escuridade. Sinto a túa excitación. O palpitar acelerado do teu sistema cardíaco. Imaxínasme ao pé do lume, o saco de durmir aos ombros. Xogando cun garabullo a escribir o teu nome na terra. Pensando na última vez que estivemos xuntos. Xa deberas ter chegado. Se cadra é demasiado arriscado confialo todo á tecnoloxía.

Pero aquí estás. Os teus faros céganme a min e ao meu campamento. O abrazo é longo e os nosos beizos pasan do frío á calor, do enxoito ao húmido. Entramos na tenda, que parece das mil e unha noites. Das miles de noites que nos faltan por non durmir. E Iris era personaxe de conto ou de culto. Non sabiamos quen dos dous eramos o outro. Dixeramos que eramos divisíbeis polo outro. Ou non.

Multiplicamos o tacto dun territorio ignoto ata invadírmonos.

Gps
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s