Cadillac

O’ Encantiño conducía con Ofelia e Virxinia durmidas no asento traseiro. Aínda quedaban coches que funcionaban e que se podían guiar. Tamén quedaban estradas en estado de practicar paseos románticos. Viviamos na ruína do romanticismo, pero aínda sendo ruína seguía sendo romántica. Aquel Cadillac enorme esvaraba polo asfalto mentres o seu condutor pensaba en amoríos no lonxe, sen levantar o pé dereito nin deixar de acariciar o volante como as súas amantes durmidas. A viva estampa da felicidade de película ou de narración cutre e tópica.

Agora viviamos en relatos coma este que confeccionabamos con restos felices de postais, anuncios publicitarios ou películas románticas con happy end. Falabamos con frases feitas e diálogos de filmes famosos. Tiñamos vidas temáticas e estereotipadas baixo a ditadura de diversos clixés sociais.

Cadillac

O’ Encantiño non quixo dar a curva e foise espetar contra un poste da luz que estaba alí como posto á mantenta.  Piloto e dúas durmintes mortos no acto. Punto e final ao spleen e ao fastío que acumulaban como entes melancólicos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s