Corpo trans

Póndome a matar xente pretendían tirarme do xenio e que o metese debaixo dos pés para asegurar a supervivencia de nós todas.

Sabíase que o meu corpo trans era o corpo da Merla.

Ao romper o día da nonaxésima sexta xornada de convalecencia logo da intervención, acordei no leito envolta nunhas sabas de liño que tiñan bastantes buratos.

Aqueles lenzois sen casamento levaban as iniciais de enxoval bordadas con faltas de ortografía.

Apalpei o corpo buscando recoñecer os meus membros. Agarimei os peitos. Acariñei a vulva ata o clímax para comprobar que o vínculo entre o meu corpo e a miña actividade neuronal formaba unha correspondencia biunívoca.

2014-03-03 17.47.23

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s