Mariña seca

Co abalo da marea abordamos veleiros derramados suspendidos no baleiro azul. Co coitelo entre os dentes lanzamos os nosos sedeños desde fóra do valo como trapecistas filibusteiros descalzos no chan enxoito da mariña seca.

Mariña seca7

A inutilidade do noso xesto de expropiación contra a opulencia non nos impide navegar en terra rodeados de nós mesmos por todas partes. Azuis entre os azuis varados no estaleiro.

Mariña seca2

Pero o veleiro está montado nun carro que empurramos ata o guindastre e botámonos ao océano e estamos nós sós e falámonos polo morse cegos no azul.

Un lento e fastuoso navío fende a auga e só sentimos o salitre queimándonos os pulmóns ao inspirarmos antes da inmersión.

Mariña seca6

Retornamos ao mar dos manatís e remontamos os ríos do manglar procurando entre as raíces palustres a todos os que nos desexan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s