Fontao

Achegámonos á fonte con sede prístina de augas frescas. Bebemos coa cunca das mans e vémolas nas ondas calmas do cristal líquido enzoufadas dos fluídos dos animais cazados mesturados coa terra fecundada e a agre película de suor seca de todos os nosos corpos.

Fontao2

Fregámonos con fentos e uces as unhas aos outros e secámonos con fiúncho. Endexamais haberá pureza na auga contaminada do manancial, nin nos nosos adentros envelenados polos nosos propios tóxicos.

Fontao3

Mais afarémonos a esta extinción masiva con soños reflectidos noutra fronteira aínda por traspasar.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s