Fálavos o mariñeiro coxo

É o mariñeiro coxo quen vos fala. Tardei moitísimo tempo en saber que o mariñeiro coxo era eu. Foi unha vez na que narraba por nonseicantoenésima vez o noso encontro (houbo un momento en que facía turismo autobiográfico). Nunha ocasión que exercía como guía, xa non dixen coma sempre: “Este é o bar no que coñecín o mariñeiro coxo”. Saíume con toda naturalidade que o mariñeiro coxo era eu.

  • Sectores de fogo beizos

Pero existir existía un tal Agustín que tiña o ollo dereito de pupila informe por causa dun botellazo na cara. Foran varias as navallas que cegaran na súa carne. De resultas dun accidente de circulación, a súa perna dereita xa non termaba del. E por se fose pouco, noutra liorta, segáronlle o resorte do tendón do brazo, o dereito. O que tiña conta del co caxato.

Xoán C. Rodríguez, Occidencia, Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2004.




Deixar un comentario