Aquel que fora e agora era

Aquel que fora e agora era. Eis o relato trastornado de quen son.

Demasiada exposición á gasolina ou saudade. Outro corpo de meu resucitou na cama dun psiquiátrico tras retirarlle as ligaduras de contención.

O descafeinado estaba quente e as galletas sabían ben. Preguntou en que hotel se encontraba e por que o servizo de habitacións lle trouxera o almorzo á cama.

Alguén lle preguntou que como se chamaba. Respondeu que era O Porco de Pé. O doutor díxolle que aparecera nunha corte de marraos escarvando na terra como enterrándose. Díxolle que unhas veces se enterraba e outras se desenterraba. Quixo saber se era escritor. E se cría ser as personaxes dos seus propios relatos.

Dixen que non, que era todo unha performance. Un simulacro.

Deixar un comentario