Encantiño, de quen son os cariños? A pregunta viña dun recanto do mostrador. Con moita cerimonia respondeu O’ Encantiño. Os cariños veñen das caricias que facemos ou que nos fan. Entón eu podo quererte? Se me acariñas ben, podes.
E foi que ambos se deron volta para vérense, que antes non se vían. E foron o un para onda o outro e acariciáronse e bicáronse. E así todo o mundo que estaba no café. E o mundo desprendeu cariños. Non ten por que ser doutro xeito.