Cando os tres apaixonados amantes apareceron de novo polo café viñan como levitando, escribiu O’ Encantiño. A Virxinia e a Ofelia fíxolles graza que agora si que as convertera en entes de ficción.
Almorzaron con grande cerimonia e finos modais como era marca do local. Falaban besbellando de ir de viaxe os tres e fantaseaban a onde. Decidiron París en primavera, por suposto, e aló foron.
París agardaba fóra rutilante. Saíron ás rúas rutilantes de París e contaxiáronse do seu brillo cegador. Non querían volver da tormenta solar que O’ Encantiño escribía enlouquecido para elas.
Ela marchou tal como viñera co seu aire suicida e as súas frases cursivas.