Viñéronme buscar

Cando saín, viñéronme buscar no meu coche reconstruído do trinque. Ás horas libres foron endereitando o chasis. Xa que estaban, alongaron a batalla e ensancharon as vías. Tamén modificaron a xeometría da suspensión e as cotas de aliñación, porque non comprendían como me espetara. Se non podían impedir que andase por aí a correr, polo menos que fose polo sitio.

Ninguén sabía que O Pistón se chamaba Isauro. Medrei véndoo pasar guiando o seu precioso Simca 1000 Barreiros. Eu víalle as letras en cursiva da marca e parecíame abraiante que un de Nogueira de Ramuín fabricase coches. Por avatares comerciais, Eduardo Barreiros sempre tivo que reutilizar elementos existentes e adoptar solucións simplificadas. Por exemplo, o luxoso Dodge 3700 compartía volante co popular Simca 1200. Ou o Dodge Dart do 69 levaba os mesmos faros que os camións Barreiros.

Sempre me construíron coches a partir de chatarras dos veciños. Cando conduzo, sei que levo un anaco de cada un deles canda min. Anacos de Simcas, que é a marca endémica de por alí.

Non había quen os apease do motor Simca 1.442 cc que foi montado desde os anos 70 no Simca 1200 TI, no Chrysler 150, no Talbot Horizon ou nos Peugeot 205 e 309. O TI, un deportivo para a súa época, conseguíronmo por unha señora á que se lle matara un fillo nel. Tivérao anos nunha palleira ata que decidiu doalo á ciencia.

O motor de 1.442 estaba inclinado 410 hacia tras, o cal lle permitía ser menos alto que se estivese en vertical. Deste xeito, o centro de gravidade estaba máis baixo e o coche era máis estábel.

O resto do meu futingo constaba dunha colección extensa de pezas de competición. Ao final, convencinos de que mo trucasen para 1.600 e gozaron moito asombrándose do que fixeran dar de si a aquel metal de 1977.

vendo-o-cambio-seat-1430_4

Son bastante feliz porque teño un carro de combate feito de retrincos de diferentes coches, persoas e épocas.

O motor ás veces parece dar un impulso infinito. Non é que o coche vaia ben, quen vai ben es ti.

maxresdefault

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s