Daba uns abrazos

Daba uns abrazos magníficos. Sorría moi bonito. Daba uns beixos de calidade extra. Extraordinarios.

Concentro os meus ollos no ollo co que ollan os estrábicos. Pónseme un único ollo no medio da testa cando acado a temperatura de combate.

Non teño nin puta idea do que é o combate.

As grandes iconas de fazañas bélicas e de porno light éntranme desde as pantallas. Recibo couces de vaca e continúo impertérrita dando golpes. Fodo en bragas e calzóns postos. Se acaso, só se me ve fugaz o bico dunha teta entre as sabas coas que me tapo rauda nun cambio de plano. A el non se lle ve nada. E bico, bico moitísimo. Temos televisión porque existe a publicidade, o cinema é unha aprendizaxe cívica e os videoxogos unha ilusión óptica. E todo armado dunha ideoloxía preocupante.

Non son unha princesa guerreira. Limpo casas. Cando imos de mans dadas cóllote coa abrasión que lles dá a lixivia. As palmas e os dorsos das miñas mans están unidas a ti porque o amoníaco limpa ben, aínda que é moi tóxico. Non o dilúo demasiado para que me faga engradar como se fose gas lacrimóxeno cada vez que ensaio o meu soliloquio fregando a cociña.

Infeliz de min! Sei que nunca poderei dicir en ningún teatro o meu sulfúrico monólogo sobre a rede de redes, valla a redundancia.

O cerco é ineludíbel. A nosa única resistencia é procurar e compartirmos a nosa máxima felicidade posíbel.

A felicidade é un concepto amplo. Pode estar en poñer lavadoras, pasar o ferro ou limpar váteres. Ti es o meu único dereito laboral cada xoves á tarde por convenio.

O protocolo de suicidio pódese iniciar antes de que nos derrote o noso amor á humanidade.

 Foto de portada Fundación Antonio Pérez (Cuenca).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s