Pola autoestrada

Pola autoestrada a pouco máis de 200 por hora escasos. O horizonte péchase e concéntrase para pasar eu coma se fose un gran de millo polo embigo da pedra do muíño.

Brúa o motor e brúo eu. Lévote comigo e falas como Bob Dylan. Que se se escoita o meu esborreco no vento ou a miña voce na néboa. Que se o coche laia pero non padece.

É noite e tanto me concentro en ir polo carreiro, que se me soerguen unhas orellas case leporinas e sinto o zunido do baleiro sen poder saber se me afasto ou me achego.

Hoxe á noite había un longo valado de silencio atravesado no derradeiro quilómetro.

Recibo a xostregada do cinto de seguridade e esmágome contra os air-bags. O arco de protección do habitáculo defórmase para absorber a enerxía cinética. A columna da dirección fractúrase para protexer as miñas pernas e tórax. O asento recolle o retroceso do impacto e todo acabou.

Pola autoestrada2

Quixen darlle a volta á chave pero, en vez de arrincar, pechei a porta blindada detrás de min.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s