München 1972

München 1972: a manta conmemorativa fora requisada. Aparecera en 1975 tapando tarecos na maleta descuberta dun Simca 1200 rancheira. Chegara allea ao Setembro Negro ao coche da familia.

Por unha cara traía cadros escoceses e pola outra un mapa de estradas de Europa. De nenos, no asento de atrás, tapabamos as canelas con ela e co dedo viaxabamos de Berna a París ou de Berlín a München. Onde estaban os aros conmemorativos da Olimpíada.

Esta manta foi pasando polos coches posteriores e meténdonos o vicio no corpo: caucho, mapas, coches, estradas…

München 1972(2)

Hai anos que a expropei para seguir viaxando por ela e ocultar as miñas intencións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s