Carburadores

Iniciei o ritual de acender un coche vello de carburador. Era como facerlle as beiras a un amante con aire e gasolina. Antes de nada un pisotón no acelerador para introducir a mestura preliminar. Logo tirar do stárter como un sutil estrangulamento para deixar pasar máis gasolina que aire. Agora xa estaba todo listo para xirar o contacto e facer o primeiro intento.

Carburadores

Se todo estaba no punto, estas operacións deberían abondar para un arranque satisfactorio. Pero se non che viñan vén dadas, había que afinar o alento amatorio. Sobre todo se eras amante de “manhāas frías”. Á segunda, acariñei a medio gas o acelerador antes de darlle á chave. Mais o amador era caprichoso e a fogaxe amatoria non era abonda aínda. Entón percibín a fragancia amante da gasolina no carburador afogado tras sucesivos leixa-prem. Como último recurso de arte de amar, pisei mainiño o acelerador a fondo e mantendo a posición xirei de novo a chave e desta vez unha explosión de amor saiu polo tubo de escape.

Non importaba que o carburador fose de corpo simple, ou de dobre corpo. De apertura secuencial ou simultánea.  A mecánica do amar era así ou non era se querías pronunciar palabras de caucho.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s