Para desfacer fago unha cama de palla encol dos ladrairos do carro no chan. Cun golpe de machada sepárolles a cachucha do corpo. Fendo ao longo a soá. Recórtolles os lacóns e os xamóns. Fago tiras coas costelas e déitome no saleiro.
Unha branca manta de mar desecado conservará a miña carne e ofrecerállela aos vosos labios.