Sofisma

O poeta piloto dicía que a noite preparaba algún sofisma e o faro extraviado daba o S-O-S no morse -clave Orión- das estrelas. Eran as tres estrelas do cinto de Orión, o Cazador. Que persegue eternamente a súa ninfa polo ceo nocturno. Os tres puntos son o S en código morse que inicia o S-O-S ou orificios de bala de entrada e saída de Sectores de fogo. Iris acóllese ao sofisma de que a poesía nos salva. Un razoamento falso con aparencia de verdadeiro.

Photo by Frank Cone on Pexels.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s