Solidifícaste na penedía como sólido en líquido
nun contacto erosivo e salino
Unha meteorización sistemática
Cruel
Sitúaste na peneda fronte ao mar
Colles a forma do fluído que vai e vén
Déixaste modelar polos elementos automáticos do poema
Fálasnos por medio dun software libre
desde un lugar libre e feliz que inauguras para nós.