Ves esta navalla de enxertar? A folla é de aceiro cirúrxico. Corta coma un bisturí. Con ela podo cortarme os brazos e enxertar nun unha mazaira e noutro unha cerdeira. Tamén podo cortarme as pernas e enxertar nunha unhas raíces de amieiro e unha bidueira noutra para asegurar o regadío das froiteiras.
Despois, se quixeres, pódote enxertar a ti en min.