Biobiblio

Xoán Carlos Rodríguez (A Barra-Ourense, 1966) foi integrante do Colectivo Ronseltz. Participou na publicación dos tres números da revista do mesmo nome e en colaboracións do colectivo con outras como O Mono da Tinta, Luzes de Galiza e Anima+l. Tamén como membro do colectivo, é coautor de Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994). Colaborou en exposicións colectivas como Estado de sitio, 23 artistas ourensáns e 9 poetas, así como no catálogo e na intervención Raza de Xoán Torres (2004). Xunto con Misha Bies Golas aporta os textos do libro e exposición de collages Leningrad (2006). Con varios artistas plásticos ourensáns, encargouse do apartado literario da carpeta de gravados Combinación Finita (2010) e dos derradeiros cartaces da serie “Magosto” do Outono fotográfico. A súa primeira publicación individual ata o momento era Occidencia (2004).

Biobiblio2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s