Este é o marco que eliximos. Un punto de referencia para encontrármonos entre seres libres. Entre seres que están fóra de comunidade. Non forma un polígono con outros porque non conforma unha base territorial.
Construímos o noso relato desde a abrasión dunha ruína postindustrial chantando un monolito tridimensional na realidade virtual do comezo da nosa historia.