Amada Merla:
Non creo que teña máis nada que dicir. Que a Merla son eu. E isto que che mando dicir por Correo de Peteiro Cobizoso de Cerdeira
cando chegar onda ti, xa non será a miña propia voz. Será a acústica ornitolóxica da aurora.
Xoán C. Rodríguez, Occidencia, Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2004.