Ocean app

Pola mañanciña, O’ Encantiño saíuse do holograma da tenda do señor Emilio, o Pernastortas, que pechara había décadas. Decidira irse da Bisbarra xa que se sentía un Ulises sen Ithaca onde volver nin Penélope que o agardase. Alén diso, había unha campaña gubernamental para deixar a ermo o interior baixo o lema mediático Iste vaise, aquel vaise mil veces repetido. E quería marchar antes de ser o derradeiro habitante do lugar. Antes de que o silencio acabase coas faladurías.

Desde a edición dixital de La Zarpa cargou nun dispositivo portátil todo o material e colleu un transporte espazo-temporal cara a unha cidade portuaria. Pareceulle acaído o tópico de personaxe que nunca vira o mar, o suficientemente arcaico e demodé para a crítica actual detentora do canon.

Ocean app

Cando chegou o primeiro que fixo foi ir velo por se o defraudaba a súa visión, pero isto era imposíbel. Invadiuno unha baruda sensación de barba non coidada e piñeiral espeso que a aplicación informática que dominaba aquela parte da costa impoñía para fixar poboación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s