Petroleiro

Ti si que te fuches nun petroleiro, non coma min. Era o medio de transporte máis acaído cando se sae do hospital.

Petroleiro

Tiñas as mans endurecidas pola madeira. Fúcheste e algo teño que dicir de ti. Da educación militar que nos transmitiches dos guerrilleiros do Cumial. Que era como lle chamaba a xente ao Corpo de Operacións Especiais con base nese cuartel. Ti dicías que era como a mili normal pero cun pouco máis de ximnasia. Como tirabas ben, recrutáronte e así podías estar perto da casa. E de ti nacín eu.

Eu desfilaba moi teso polo patio da casa coa vara da vaca para admiración de miña tía, que me auguraba carreira militar. A miña obsesión polas armas fixo que mas tivese que esconder. Pero eu deille con elas, xogaba e volvíaas ao sitio. Tiña unha escopeta de dobre cano de caza e un revólver de fulminantes. Os fulminantes logo se acabaron e a escopeta resultou recortada pola roda do carro nun descoido meu ao deixala no chan. Así que quedou para asaltar bancos.

Mais a verdadeira educación castrense consistiu en ir inculcándonos pequenas cousas para levarnos dereitos coma fíos.

E agora estamos diante túa nesta derradeira operación anfibia e sentimos os nosos corpos especiais grazas a ti. Sentímonos unha verdadeira tropa de elite. Esperabas un médico, só cheguei a poeta.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s