Papeliño

O’ Encantiño pediunos unha lista de desexos nun papeliño a todos. Meteunos nun saco e subiu á torre máis alta da cidade un día de vento. Desde alí lanzounos cun programa como confeti de comandos ao ciberespazo. E así fomos como quixemos.

El elexiu ser un toliño. Puxérase de acordo con Ofelia e Virxinia. Ofelia primeiro pensara en facerse rescatadora de gardacostas, pero pensou que botaría moito tempo afastada dos seus queridos. Ocorréuselle que sería máis útil ao trío como residente de psiquiatría, porque, aínda que Virxinia escollera ser psiquiatra, ben sabía ela da súa tendencia a encher os petos dos abrigos de pedras e botarse aos ríos.

Papeliño

Era ben consciente O’ Encantiño de que toda esta ficción era para procurar achego e cariño. E que cada frase que nos escribía era como bálsamo de tigre para os seus sufrimentos psíquicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s