Acendín o portátil con avidez e empezou a festa. Fun dereitiño ás estatísticas do blog e non había ningunha visita. E iso que publicara un post no que puxera fundadas esperanzas. Fun ao Facebook a ver que pasara con el. Pasara que tiña algún gústame anecdótico. No Twitter, igual. Colgara no Instagram unha foto riquiña que mereceu escasos corazóns solitarios. Para sacarlle máis rendemento compartíraa no Facebook desde o Instagram con aínda peor fortuna.
Declárome o escritor máis fracasado da rede e dos máis pouco exitosos do papel. Así e todo, este sorriso portátil que vos brindo non é o final desta escrita inútil que practico. E así o rubrico neste post para a posteridade.