Recibe O’ Encantiño mensaxes de alento. E colle folgos e volve a tequelexar no portátil:
Era este un tempo de téquele-téquele, un tempo de liño mazar. Era a roda das colleitas e das angueiras dos ciclos anuais. A roda non podía parar. Un tempo que se exhibe nos museos. Nós xa estamos noutro tempo. O non-tempo do tempo parado. Do viratempo circular onde a nosa existencia é un acto de escritura de código fonte.
Unha acción de amor no ciberespazo. Quérovos como me quero.
O texto do Encantiño segue con moitas outras tautoloxías que xa non imos reproducir aquí. Configuraban un estado mental de absoluta parálise. Un limbo permanente e narcótico.