Un sector de fogo é o segmento angular que cobre un tirador ou unha peza de artillaría. Forma un semicírculo de maior ou menor amplitude segundo o alcance do seu radio. Se abrimos as mans sobre o mapa, podemos determinar o alcance da nosa vista e o que non chego a albiscar podes enxergalo ti desde o teu sector. E podemos rousar as nosas mans e crear interseccións nos campos de visión e formar un arco desde Cabo Silleiro a Punta Candieira. E construír un valado atlántico disuasorio, unha costa inexpugnábel. Máis que nada porque realmente nunca entramos en combate e só disparamos de cando en vez cumprindo o protocolo de mantemento dos nosos beizos.