Perdo a memoria mentres se derruban adegas e palleiras. Logo se virá abaixo a casa. Cando iso suceda, xa non lembrarei as estremas, nin as horas da rega, nin os veciños vivos e defuntos, nin os seus aconteceres.
Iris dixo isto chorando mentres se pechaba a porta. Non importa que fose a da residencia, a do manicomio ou a do cárcere. Ou a dos tres xuntos. Sabía que morrería nun recuncho de esquecemento.
