Asasinato múltiple

Os dous cadáveres xacían encol de cadanseu banco de matar. O dono dos marraus alonxárase prudencialmente, aconsellado polo cariño, despois de sacalos do cortello para que non desconfiasen. Mentres eu tomaba a copa de licor café e lle tapaba cunhas galletas na artesa da cociña terrea, regresou e sacou do peto da chaqueta catro dentes de allo pelados para introducir en cada orificio dos dous fuciños. Isto evitaba que lles entrase o demo no corpo e se derramase a carne de todo o ano.

Pasada a tensión da mata, os corpos estaban aínda quentes e pensar no sustento da casa non me permitía esquecer o ritual de sacrificio que perpetuaba querendo ou non.

asasinato-multiple.jpg

Un corazón de coitelos latéxame dentro.

©Fotos leledacuca.net

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s