Reclusión

Capturáronme as miñas propias mentiras e as falsas xustificacións condenáronme a permanente reclusión.

Reclusion

Na cela só hai unha repisa metálica cunha colchoneta, unha manta con forma de saco de durmir e un váter tamén metálico. Aquí permanezo 23 horas ao día. Só saio para ducharme, o cacheo integral, incluída a radiografía abdominal, e o paseo en solitario por un reducido patio.

 

 

 

 

Deixar un comentario