Limiar

Sectores de fogo é un proceso de edición comunal que comezou coa publicación solidaria do libro en soporte papel. Agora presentámosvos o noso bookmedia.

Un espazo de interacción en rede que procura a vosa complicidade.

Chevy Besta

O 14 de abril de 2015 saía do prelo Sectores de fogo nunha edición de autor colaborativa en soporte físico. O proceso de edición de contidos continúa proxectándose cara vós neste bookmedia.

Nel irán aparecendo cousas que estaban ou non estaban no texto. Cousas das que non podía termar ningún papel.

E vós tamén podedes aportar os vosos materiais/lectura(s) a esta acción en proceso cos vosos comentarios para que as nosas palabras de caucho formen unha estrada sen fin.

Deixar un comentario