Así foi o Poetas Di(n)versos do 23 de marzo do 2026 no Centro Cívico Ágora da Coruña acompañando ao poeta colombiano Rómulos Bustos Aguirre.
Un encontro feliz que tivo como mantedora máis outra vez a Yolanda Castaño, á que agradezo o seu amábel convite a participar.
Unha ocasión excelente para intercambiar impresións sobre a Intelixencia Artificial Avanzada do Capitalismo contemporáneo en (re)evolución. Alén de moitas outras cousas ben divertidas máis.
Unha velada deliciosa da que gardarei grato recordo.
Fotografías: Yolanda Castaño.
Así discorreu a acción poética.
Poetas Di(n)versos AO VIVO. Luns 23 de Marzo de 2026. RÓMULO BUSTOS AGUIRRE & XOÁN CARLOS RODRÍGUEZ



