Nácara

Conteño a respiración para que inspire o poema.

Ao poeta sobreviralle a morte tras tres meses sen comer, tres días sen beber ou tres minutos sen respirar.

A non ser que sexa pescador de perlas e resista apneas moi prolongadas nos mares ostríferos.

E como non son mergullador ostrícola despois dun minuto sen respirar, que é o que dura este poema, exhalo desde a epiglote balas violentas e nacarados versos frustrados.

Como alguén que respira perlas.

Deixar un comentario