Zereixade

Zereixade moraba no zerne da zerdeira do patio.

Dicían que tiña acugulada de cereixas a aba do mandil desde que voltara de vez das Arabias. Para cada contador que dese abalado por engado de airiño as súas pólas.

Pero as mellores comíanas os merlos que a peteiraban impunes sen conto por fame madura de maio.

E son os do pico dourado os que me rechouchían polo bico cando o meu asubío estrea beizo recén aprendido.

Deixar un comentario