Saíches directamente do anuncio de Marlboro da televisión. Alindabas as vacas na montaña nos pastos de altura. Naquelas soidades sentíaste ceibo como un cowboy, sen ninguén por riba de ti.

Fumabas Ducados sen parar. Sempre tiñas brasa na cara e fume ao vento. Chamábante Marlboro desde que empezaches a fumar, porén nunca un fumaches. O teu era cabalgar ata as brañas levando o gando. Pasabas o verán senlleiro nunha cabana aló arriba. Alí pensabas nas túas cousas.
Cousas simples. Como o medrar da herba.