Sol

O sol poderoso da tarde entra no cuarto

A cama está feita con follo de millo seco

De cada soneca que botas

volves dese territorio digamos irreal

no canto de ires a el

Un sol automático son as túas palabras de millo

que nos douran cando volves.

Deixar un comentario