N de Novo(neyra)

IMG_20160831_140459941

Dixo o reconstrutor: “no Courel a propiedade da terra dos soutos é comunal, pero cada castiñeiro leva a inicial do seu dono”

O Courel-Monte Cido

Espreguizarse abrindo as mandíbulas como desencaixándoas. Ouvear con gran consumo de osíxeno. Estricar os brazos tensando os tendóns. Facer estalar os ósos da soá. Contraerse facendo un nobelo de liño con todos os músculos do corpo.

Lavar a roupa e levantar botellas vacías de deterxente cheas de auga. Soerguer nos coídos grandes rolling stones.

E comer ben, con gana. E hidratarse ben bebendo das fontes para que non sequen.

Facer trail running do Courel a Compostela

Deixar un comentario