LCD

Arrinca o cable e a pantalla apágase. O relato suspéndese de súpeto e acéndese unha noite estrelada coma un cristal líquido.

Era veloz coma un cometa e soñouse outra vez a anos luz no ceo de antes de partir.

A superficie terrestre buscaba camiño a través do seu corpo para fluír fóra.

Estaba descalza sobre a herba xeada entre uns carballos vellos que aínda conservaban espetados os illantes de porcelana de cando serviron de postes da luz.

Lcd

Percibiu a súa electricidade estática pero non sentiu frío.

Sentiu a contractura progresiva da caluga cando forzou a posición da cabeza ao levantala cara o eixo celeste.

Pechou os ollos e esvarou mol gravitando sincronizada coa Estrela do Norte.

Deixar un comentario