Toros

Abriu a noite sobre os grosos toros de carballo que levan o seu nome. Carballos vellos que apuntalan o escurecer. Teñen algunha galla escasa e botan unha pouca folla para demostrar que están vivos aínda. Conservan espetados os aillantes de porcelana de cando serviron de postes da luz.

Toros2

 

Iris percibe a electricidade estática ollando como a Ursa Maior se arrandea pola bóveda celeste.

Aparella a molida na testa dos bois. Xungue o xugo coa chavella por entre o cabezallo e o estrobo.

Chama os bois coa aguillada e con grande esforzo ungulado desprende o seu carro dos cuartos traseiros da constelación.

Foise superpoñendo á Ursa ou Carro Menor para facelos rousar sincronizados arredor da estrela Polar.

Iris pecha por fin os ollos e deslízase mol no seu carro nocturno. Gravitando coa cabeza pousada no eixe de freixo do Norte.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s