Fachón

Meterlle lume ao fachón de palla para chamuscar os corpos. A baforada de calor e as muxicas precederon o cheiro a chamusco das sedas e a epiderme arrincada ás présas coas raspas de ferro.

Despois levar case ata incandescencia os pezuños, apretar cun xesto rápido e arrincarlle as uñas a cada pata.

Logo, o delicado fregado do coiro con pedra e auga e o cirúrxico afeitado a coitelo final.

Todo por ambos lados do cadáver pivotando sobre o lombo, tirando polas patas do animal sobre o banco de matar.

Sacarlles a morcilla do recto cun mollo pequeno de palla retorcida e dobrada. Recortarlles o arredor do ano, ripar por dentro o final do intestino e abrilos buscando o óso da pelve para colgalos cunha roldana da trabe do teito. Abrilos ata o diafragma e sacarlles o fel e as tripas con tino sentindo o olor a tafío mentres caen na tina de lavar.

Sacarlles os riles, o fígado, o corazón, para o primeiro xantar da figadeira. Sacarlles o unto.

Inflar a vincha cunha palla e botarllela á rapazada para que xoguen ao balón.

Deixalos pendurados e abertos ao serao deica a mañá seguinte.

Fachón

Amortallada e exposta como peza de colección fico suspendida cabeza abaixo falando nesta lingua de defuntos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s