Abrente

Son estranxeira nesta nación onde nas encrucilladas tolean os Gps, os ríos corren ao revés e as augas encoran nas inconmensurábeis planicies.

Noutrora, para ser de aquí, viñamos ás festas turísticas e así ninguén nos preguntaba de quen eramos. Só nos levaban os ollos os cachirulos dos panos das indíxenas. Ademais da compaña nos bancos e as mesas corridas do banquete comunal. Eramos como da casa no medio da multitude.

Aprendiamos a conducir cos pilotos das chairas, levando presas as luces de día para calcular os adiantamentos na ardora das gándaras sen final. Sempre mirando de  esguello a agulla do termómetro, co pé a fondo e degoirando o lonxe.

Son estranxeira en todos os países, estraña entre os alleos e temerosa de encontrar coñecidos.

No abrente gardo un verso de luar insomne, unha luz que se apaga ao romper o día nos vosos ollos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s